Public Project
A lombos da balea
Non é preciso ser mariñeiro ou biólogo para caer nas redes destes grandes mamíferos acuáticos, xigantes dos océanos, tan salvaxes como fráxiles.
A nosa literatura bebe, máis todavía neste caso, do vínculo real, recente, de Galicia coas baleas. Tamén da súa fascinación.
Un dos máis importantes grupos poéticos galegos, renovadores da poesía de finais do século XX, chámase, con moita intención, "A tribo das baleas". Esta tribo foi a encargada de normalizar e prestixiar a literatura e a cultura de Galicia; como a caza de baleas foi, no seu momento, o maior expositor da nosa fortaleza pesqueira.
3,483