"O estado español non dialoga, senón que sentencia", pódese ler neste cartaz que suxeita unha muller fronte á delegación provincial do Goberno en Barcelona.
En outubro de 2019 o Tribunal Supremo sentenciaba contra os políticos cataláns detidos por rebelión, sedición, malversación ou desobediencia. A rúa reaccionaba cunha semana de manifestación e altercados diarios ao longo das catro provincias.
Mentres que a maioría de manisfestacións transcorrían de maneira pacífica, tampouco faltaban os altercados entre manifestancites e forzas de seguridade.
Un manifestante pasea unha careta do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, personificado como Hitler, no venres de folga xeral en Cataluña. De fondo, unha barricada levanta fume negro pola Vía Laietana.