Public Project
Paisaxes Minadas
A mina de Touro foi explotada entre os anos 1976 e 1986 pola empresa mineira Riotinto para a extracción de cobre a ceo aberto. A caída do prezo do cobre provocou o cese dos traballos; e o seu peche, sen ter en conta ningún tipo de medida medioambiental, leva 30 anos arrastrando contaminación.
Na actualidade, os terreos están ocupados por varias empresas que forman o chamado Centro de Valorización Ambiental, coa finalidade de restaurar os chans ácedos da mina a base de "tecnosolos", un composto formado por residuos triturados e fermentados.
Nos últimos anos, o rumor dunha posible reapertura da mina por parte de Cobres San Rafael, puxo aos veciños en alerta. Coa súa unión na Plataforma Mina Touro-O Pino Non, a súa loita incansable durante anos, a súa preparación legal e as continuas denuncias á Xunta de Galicia e mesmo ao Parlamento Europeo, conseguiron paralizar un proxecto que ameazaba con cambiar as súas vidas e fogares para sempre.
4,094